Saltar ao contido

Soiuz TM-19

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TM-19
Parche da misión Soiuz TM-19.
TipoTripulada
Data de lanzamento1 de xullo de 1994, 12:24 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión125,95 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso4 de novembro de 1994, 11:18 GMT[1][6]
NSSDC ID1994-036A
Masa7150,0 kg[2][5][6]

Soiuz TM-19 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 1 de xullo de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TM-19, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Malenchenko e Talgat Musabaiev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]

Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-24, que tivo problemas na aproximación á estación e impactou con ela un par de veces. A nave tivo que ser acoplada de maneira remota manualmente por Malenchenko. Durante a misión tamén chegou a Soiuz TM-20.[2][3][4][5]

A Soiuz regresou a terra o 4 de novembro de 1994 ás 11:18 GMT, tocando terra a uns 110 km ao nordeste de Arkalyk (Casaquistán).[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 19" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 19" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 20 October 1994 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-27997). 14 de novembro de 1994: 5. Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-19" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-19" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017.